Retos

Sistema integral de información hidrolóxica para unha xestión avanzada dos recursos hídricos

Orzamento: 2-3 Millóns €

Necesidades non cubertas:

  • Integración de toda a información existente
  • Redución do traballo de campo
  • Toma de decisións
  • Incorporación de novos criterios
  • Comunicación bidireccional

Reto 1 introdución xeral. Consulta a presentación.

Casos de uso

  1. Delimitación do territorio fluvial, o Dominio Público Hidráulico e as súas zonas de protección. Consulta a presentación
  2. Valoración e predición do estado de conservación do Domino Público Hidráulico a través de técnicas non tradicionais. Determinación da presenza de determinados contaminantes no medio receptor augas abaixo dunha zona de afección a través de técnicas non tradicionais. Consulta a presentación
  3. Estimación do caudal dispoñible por métodos indirectos. Consulta a presentación
  4. Cuantificación dos recursos subterráneos por técnicas innovadoras. Consulta a presentación
  5. Caudais ecolóxicos nas masas de auga de transición. Consulta a presentación
  6. Ferramentas de recompilación e incorporación en tempo real de datos ao sistema de información e toma de decisións de Augas de Galicia. App móbil gratuíta que permita á cidadanía notificar a Augas de Galicia unha vertedura ou outros datos de interese. Consulta a presentación
  7. Modelo de bioacumulación de Escherichia Coli da bacteria Escherichia Coli en Mytilus Galloprovincialis cara unha normativa de calidade microbiolóxica de augas para o marisqueo. Consulta a presentación
  8. Valoración e predición do estado de conservación do Dominio Público Hidráulico a través de técnicas non tradicionais. Análise da capacidade do medio para asumir novas afeccións. Consulta a presentación
  9. Valoración e predición do estado de conservación do Dominio Público Hidráulico a través de técnicas non tradicionais. Predición de blooms de cianobacterias e eventos de anoxia en encoros. Consulta a presentación
  10. Cuantificación de parámetros hidrolóxicos, biolóxicos e xeomorfolóxicos de interese a través de técnicas non convencionais. Diagnose integrada para o cumprimento dos OMAs establecidos para as masas de auga. Consulta a presentación
  11. Cuantificación de parámetros hidrolóxicos, biolóxicos e xeomorfolóxicos de interese a través de técnicas non convencionais. Medición de variables hidromorfolóxicas. Consulta a presentación
  12. Xestión avanzada de encoros a través da recompilación e tratamento de datos en tempo real. Sistema de procesado de datos de encoros e aproveitamentos hidráulicos. Consulta a presentación
  13. Xestión preditiva de encoros. Consulta a presentación
  14. Xestión avanzada de encoros a través da recompilación e tratamento de datos en tempo real. Comprobación dos sistemas de interdición e franqueo nos aproveitamentos hidráulicos. Consulta a presentación

Fortalecemento das capacidades de preparación e adaptación ao cambio climático

Orzamento: 2-3 Millóns €

Necesidades non cubertas:

  • Integración de variables
  • Capacidade de predición
  • Desbordamentos de pluviais en tempo real
  • Identificación de elementos vulnerables
  • Reducir impactos negativos

Reto 2 introdución xeral. Consulta a presentación.

Casos de uso

  1. Ferramenta para a mellora da resiliencia dos sistemas de abastecemento fronte aos eventos de seca. Predición dos eventos de seca. Consulta a presentación
  2. Ferramenta para a mellora da resiliencia dos sistemas de abastecemento fronte aos eventos de seca. Proposta de medidas para paliar os eventos de seca e localización e caracterización das reservas estratéxicas. Consulta a presentación
  3. Redución do impacto dos alivios de sistemas unitarios nos usos produtivos e recreativos asociados á auga. Seguimento dos sistemas en tempo real para planificar medidas correctoras para evitar afección ás masas de auga. Consulta a presentación
  4. Sistemas mellorados de alerta temperá por risco de inundacións: simulación adaptada ás condicións hidroxeomorfolóxicas de Galicia. Desenvolvemento de sistemas de alerta temperá de risco de inundación que integren o efecto de fenómenos non considerados nos modelos comerciais. Consulta a presentación
  5. Ferramentas de avaliación da resposta a eventos de inundación. Durante un evento de inundación é necesario optimizar, automatizar e sincronizar os protocolos de alerta, seguimento e detección de incidencias. Consulta a presentación
  6. Ferramentas de avaliación da resposta a eventos de inundación. Durante e despois dun evento de inundación é necesario avaliar a resposta e relacionala co impacto e os danos causados para poder establecer melloras a futuro. Consulta a presentación

Economía circular no ciclo integral da auga

Presuposto: 0,75-1,25 Millóns €

Necesidades non cubertas:

  • Diagnose de oportunidades
  • Modelo de economía circular: enerxía e residuos
  • Xestión en tempo real: EDARs intelixentes
  • Eficiencia no uso da auga
  • Plantas pequenas e medianas

Reto 3 introdución xeral. Consulta a presentación.

Casos de uso

  1. Xestión circular de estacións depuradoras de augas residuais urbanas para a optimización do consumo de enerxía e a revalorización de subprodutos. Consulta a presentación
  2. Tecnoloxías innovadoras de desinfección e control de efluentes para a reutilización de augas depuradas. A) Implantación de sistemas de desinfección emerxentes, de baixo custo, para a produción de auga rexenerada B) Instalación de sistemas de análises e control en tempo real da calidade microbiolóxica dos efluentes das estacións depuradoras de augas residuais, e xestión adaptativa das mesmas. Consulta a presentación