Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

RETO 1

SISTEMA INTEGRAL DE INFORMACIÓN HIDROLÓXICA PARA UNHA XESTIÓN AVANZADA DOS RECURSOS HÍDRICOS

Anuncio de licitación

Servizo para o desenvolvemento, implantación e validación dunha infraestrutura integrada de recompilación, procesado e interpretación de datos que permita agregar e explotar toda a información existente procedente de distintas fontes, de forma coherente, ampliando o coñecemento das concas e apoiando a toma de decisións para a redución de presións e impactos coa incorporación de tecnoloxías dixitais de última xeración.

Prazo de presentación de ofertas: 19/04/2022 (14:00 h.)
Orzamento de licitación: 2.702.076,02 euros (IVE incluído)
Prazo de execución: 12 meses
Anuncio de licitación

Este servizo enmárcase no Reto 1 Sistema integral de información hidrolóxica para unha xestión avanzada dos recursos hídricos, do proxecto Innovaugas 4.0. O proxecto Innovaugas 4.0 conta cun orzamento elixible de 7 millóns de euros e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.