Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

Innovaugas 4.0, candidato oficial aos premios Water Europe Innovation 2022

Saber máis

Xacobeo
gain augas de galicia

Innovaugas 4.0

Xestión avanzada dos recursos hídricos galegos

Innovaugas 4.0 é un proxecto de compra pública de innovación (CPI) promovido por Augas de Galicia, entidade pública empresarial dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. Persegue a xestión integrada avanzada das augas para optimizar os recursos hídricos e dar resposta a longo prazo ás demandas dos diferentes usos da auga, en equilibrio co medio natural e os ecosistemas fluviais, respectando o logro dos obxectivos ambientais establecidos para as masas de auga e atendendo aos novos escenarios determinados polo cambio climático.

O proxecto Innovaugas 4.0 conta cun orzamento elixible de 7 millóns de euros e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo Plurirregional de España (POPE) 2014-2020.

Innovaugas 4.0 foi seleccionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación no ano 2020 na Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda e da Compra Pública Innovadora, conta cunha axuda de fondos europeos de 4.200.000 euros, será cofinanciado tamén pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) con 700.000 euros e Augas de Galicia achegará 2.100.000 euros.

Obxectivos de Innovaugas 4.0

Blog Innovaugas

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o coordinador de Innovaguas 4.0, Enrique Benavides, en Smart Water Summit 2023

A Xunta destaca os proxectos Innovaugas 4.0 e Merlín como ferramentas para avanzar na modernización do ciclo da auga a través da innovación e a dixitalización

A Xunta, a través do programa Innovaugas 4.0, traballa para conseguir a xestión integrada avanzada das augas e dar resposta a longo prazo ás diferentes demandas, en...

20 Setembro, 2023
Ethel Vázquez na visita á depuradora de Baiona

O proxecto de Innovaugas permitiu reducir ata o 30% o consumo enerxético das depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar e evitar a emisión á atmosfera o CO2 equivalente ao de 2.200 vehículos diésel

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez, visitou hoxe a depuradora de Baiona para presentar os resultados do sistema de optimización do consumo...

11 Xullo, 2023