Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

ACTUALIDADE

A Xunta destaca os proxectos Innovaugas 4.0 e Merlín como ferramentas para avanzar na modernización do ciclo da auga a través da innovación e a dixitalización

A Xunta, a través do programa Innovaugas 4.0, traballa para conseguir a xestión integrada avanzada das augas e dar resposta a longo prazo ás diferentes demandas, en equilibrio co medio natural e atendendo a desafíos como o cambio climático. Os obxectivos da iniciativa son mellorar a xestión hídrica...

O proxecto de Innovaugas permitiu reducir ata o 30% o consumo enerxético das depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar e evitar a emisión á atmosfera o CO2 equivalente ao de 2.200 vehículos diésel

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez, visitou hoxe a depuradora de Baiona para presentar os resultados do sistema de optimización do consumo enerxético Vázquez Mourelle sinala que este proxecto pioneiro, aliñado coa estratexia galega de economía circular, diríxese a conseguir...

Ethel Vázquez destaca o labor de concienciación sobre o aforro da auga dos escolares do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove no vídeo gañador do premio provincial Innovaugas 4.0

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, co delegado territorial da Xunta en Lugo, entregou o premio dotado de 3.000 € ao proxecto gañador na provincia de Lugo, realizado polos alumnos de 1º de primaria do centro Vázquez Mourelle sinala que o vídeo galardoado, “Pinga a pinga tamén se esgota”...

Ethel Vázquez destaca a capacidade dos escolares do Colexio Estudo de Nigrán para plasmar a importancia social e ambiental da auga no vídeo gañador do premio provincial Innnovaugas 4.0

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade entregou o premio, dotado de 3.000 €, ao proxecto gañador na provincia de Pontevedra, realizado polos alumnos de 2º de primaria do centro Vázquez Mourelle destaca que o traballo gañador, ‘A auga', explica nun minuto como vai cambiando a relación da...

Ethel Vázquez destaca o exemplo de coidado do traballo As Pinguiñas Viaxeiras do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, galardoado co Premio Innovaugas 4.0

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade entregou hoxe o premio, dotado con 3.000 €, ao vídeo gañador pola provincia da Coruña, realizado polos alumnos de 2º de primaria deste centro Vázquez Mourelle subliña a elaboración do vídeo e a escenificación do ciclo da auga que fixeron os nenos a...

A Xunta outorga os Premios Escolares Innovaugas a 4 colexios de Cee, Xove, Ourense e Nigrán polos seus proxectos sobre o uso responsable da auga

Os gañadores foron o CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, con ‘As pinguiñas viaxeiras'; o CEIP Pedro Casares de Xove, con ‘Pinga a pinga tamén se esgota'; o colexio Carmelitas de Ourense, co vídeo ‘Xornal Auga'; e o colexio Estudo de Nigrán, co vídeo ‘A auga' O equipo finalista en cada provincia recibirá...

O proxecto Innovaugas presente nas Xornada I+D+i nos plans de xestión de risco de inundación, en Madrid

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico convidou a presentar os avances que se están levando a cabo no reto 2 de Innovaugas como exemplo da dixitalización na captura e tratamento avanzado de información para a xestión de eventos climatolóxicos extremos como inundacións e seca...

Innovaugas participará na Xornada I+D+i nos plans de xestión de risco de inundación, en Madrid

Augas de Galicia presentará o reto 2 de Innovaugas como exemplo da dixitalización na captura e tratamento avanzado de información para a xestión de eventos climatolóxicos extremos como inundacións e seca. A intervención enmárcase na mesa redonda dedicada a proxectos de investigación en materia de...

A Xunta avanza na utilización de drons para facilitar a recompilación de datos dous ríos e avaliar ou estado dás masas de auga na demarcación de Galicia-Costa

Augas de Galicia está a levar a cabo a supervisión dunha proba de campo con avións non tripulados en varios treitos dous ríos dá demarcación de titularidade dá Xunta, centrándose nestes días na ribeira do río Anllóns, en Bergantiños Impúlsase ou desenvolvemento, implantación e validación dunha...

A Xunta convoca os Premios Escolares Innovaugas 2022 para incentivar a educación ambiental ao redor da utilización da auga e a preservación do medio natural

A iniciativa está dirixida aos alumnos de 1º e 2º curso de primaria co obxectivo de estimular bos costumes no uso da auga, o coñecemento dos ecosistemas hidrolóxicos, as dinámicas fluviais e os riscos asociados a eventos extremos ou ao cambio climático. Propóñense o desenvolvemento dunha peza...