Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

Obxectivos

Obxectivos xerais

Innovaugas 4.0 é un proxecto para avanzar cara a unha xestión dos recursos hídricos en Galicia verdadeiramente integral, que aborde a protección e o equilibrio dos ecosistemas e os recursos naturais en paralelo ao benestar económico e social equitativo.

O modelo de xestión de auga ten para o territorio en que se desenvolve importantes implicacións a nivel ambiental, económico e social, especialmente no tocante aos efectos esperados do cambio climático sobre os patróns hidrometeorolóxicos. Por iso, os obxectivos xerais de Innovaugas 4.0 establecéronse en base a necesidades concretas detectadas en Galicia, e relacionadas co fin último do proxecto:

  • Mellora e innovación da xestión de recursos hídricos e o medio ambiente
  • Aumento da resiliencia ao cambio climático
  • Incorporación do modelo de economía circular á xestión do ciclo integral da auga 

Obxectivos específicos

Os obxectivos específicos concretan o punto de vista desde o que este proxecto vai abordar os obxectivos xerais expostos, e permiten definir resultados particulares para cada un deles, que serán de axuda á hora de deseñar e dar seguimento ás actividades do proxecto. Estableceuse tamén un obxectivo transversal de validación das solucións deseñadas, no que se prevé a súa aplicación ao caso do Sistema de Explotación nº 1 da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. 

 

Innovaugas 4.0

  OBXECTIVO XERAL OBXECTIVO ESPECÍFICO

Innovaugas 4.0

XESTIÓN DO RECURSO HÍDRICO E O MEDIO AMBIENTE Aumento do coñecemento sobre os recursos hídricos en Galicia e o seu estado
Mellora da xestión integral de recursos hídricos a nivel de conca
RESILIENCIA FRENTE AO CAMBIO CLIMÁTICO Xestión adaptativa ao cambio climático
Eventos hidrolóxicos extremos: melloras de xestión e redución de impactos
ECONOMÍA CIRCULAR Impulso do modelo de economía circular en el Ciclo Integral da Agua
TRANSVERSAL Xestión intelixente e sostible do Ciclo Integral da Agua a nivel de conca