Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

Reto 2

FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES DE PREPARACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

Anuncio de licitación

Servizo de desenvolvemento, implantación e validación dun sistema avanzado para a adaptación ao cambio climático que integre as principais variables relacionadas coa preparación fronte a inundacións e secas e coa xestión dos recursos hídricos.

Prazo de presentación de ofertas: 19/04/2022 (14:00 h.)
Orzamento de licitación: 2.990.816,29 euros (IVE incluído)
Prazo de execución: 12 meses
Anuncio de licitación

Este servizo enmárcase no Reto 2 Fortalecemento das capacidades de preparación e adaptación ao cambio climático, do proxecto Innovaugas 4.0. O proxecto Innovaugas 4.0 conta cun orzamento elixible de 7 millóns de euros e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.