Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

Reto 3

ECONOMÍA CIRCULAR NO CICLO INTEGRAL DA AUGA

Anuncio de licitación

Servizo para o desenvolvemento, implantación e validación dun sistema para a optimización de parámetros de consumo enerxético e de calidade da auga vertida ao medio receptor así como a realización de recomendacións de mellora baseadas en simulacións en tres estacións depuradoras de augas residuais.

Prazo de presentación de ofertas: 21/12/2021 (14:00 h.)

Orzamento de licitación: 1.953.757,40 euros (IVA incluído)
Prazo de execución: 15 meses
Anuncio de licitación

Este servizo enmárcase no Reto 3, economía circular no ciclo integral da auga, do proxecto Innovaugas 4.0. O proxecto Innovaugas 4.0 conta cun orzamento elixible de 7 millóns de euros e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.