Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Unha maneira de facer Europa
Publicado o 17 Ago 2020
A Revista Técnica de Medioambiente, RETEMA, no seu número 223 de abril-maio 2020, publica unha reportaxe de seis páxinas sobre o proxecto Innovaugas, baixo o título “ Innovaugas 4.0. O xiro cara á innovación en Augas de Galicia”.
A diferenza doutros proxectos de innovación desta entidade, como Aqualitrans, o sistema de alerta hidrolóxica Artemis para a predición de inundacións e a estratexia dos Plans de Saneamento Local que carecen dun nexo común entre eles, Innovaugas 4.0 Xestión avanzada dos recursos hídricos galegos está chamado a vertebrar a transformación cara á innovación na prestación de servizos públicos de Augas de Galicia.
A reportaxe repasa os aspectos clave de Innovaugas 4.0 e os pasos que se deron ata o de agora: definición de retos e o proceso de Consultas Preliminares ao Mercado, e avanza as próximas fases que se desenvolven neste 2020.