Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

ACTUALIDADE

O proxecto Innovaugas 4.0, defende a súa candidatura como semifinalista aos Premios Europeos de Adquisición de Innovación 2022 

Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, e Iván Cacheiro, xestor de proxectos e fondos europeos da entidade, defenderon hoxe a candidatura de Innovaugas 4.0 ante o Xurado do European Innovation Council. Innovaugas é semifinalista xunto con outros 5 proxectos de Francia, España, Reino Unido e...

Innovaugas 4.0 participou no evento “Smart Water Summit 2022” para presentar os retos en innovación e dixitalización no sector da auga que está levando a cabo Augas de Galicia

Iván Cacheiro, xestor de proxectos e fondos europeos en Augas de Galicia, interviu hoxe na xornada inaugural do evento, no bloque titulado “Avance da dixitalización en CCAA e Empresas Públicas Españolas”, presentando o proxecto Innovaugas 4.0, en representación da Xunta de Galicia. A intervención...

Augas de Galicia adxudica por 2,3 millóns de euros unha infraestrutura tecnolóxica integrada para recompilar, procesar e interpretar datos en tempo real para a mellora da xestión dos recursos hídricos

A UTE formada por Viaqua Gestión Integral de aguas de Galicia, SA e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia resultou adxudicataria do servizo por un importe de 2.310.405,50 euros e un prazo de execución previsto de 12meses. Con esta adxudicación garántese a incorporación de tecnoloxías dixitais...

Augas de Galicia adxudica por 2,5 millóns de euros un sistema avanzado para a adaptación ao cambio climático

A UTE formada por Aquatec Proxectos para o sector da auga, SAU e Prointega Enxeñería, SL resultou adxudicataria do servizo por un importe de 2.557.093 euros e un prazo de execución previsto de 15 meses. Con esta adxudicación garántese a incorporación de tecnoloxías dixitais de última xeración...

A Xunta e a Universidade de Santiago asinan un acordo para a investigación e avance no modelo de circularidade do ciclo integral da auga en Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinaron hoxe a colaboración. A Xunta, a través de Augas de Galicia achegará un importe de 338.316 euros no convenio que terá vixencia ata o 31 de maio de 2023. Este...

A Xunta e a Fundación Universidade da Coruña asinan un acordo para desenvolver metodoloxías novas de predición do risco de inundacións e dos efectos do cambio climático

A conselleira de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, e o presidente do Padroado da Fundación da Universidade da Coruña, José María Barja, asinaron hoxe a colaboración en presenza do reitor, Julio Abalde Despregaranse novos métodos para aplicar como proxecto piloto na conca do río Verdugo e...

O proxecto Innovaugas 4.0 da Xunta, premio á mellor iniciativa pública no sector da auga nos galardóns Water Europe Innovation 2022

Os premios promóveos a plataforma Water Europe, creada pola Comisión Europea e que congrega a 250 membros de 28 países que representan a toda a cadea de valor da auga Innovaugas 4.0 é un proxecto da Xunta para conseguir solucións innovadoras na xestión integrada das augas e responder ás diferentes...

O proxecto Innovaugas 4.0, candidato oficial aos prestixiosos premios Water Europe Innovation 2022

Estes galardóns, organizados pola plataforma Water Europe, recoñecen cada ano as solucións da auga máis innovadoras de toda a Unión Europea. A comunicación oficial de gañadores terá lugar no marco da conferencia anual “Water Innovation Europe”, que se celebrará en Bruxelas os vindeiros días 14 e 15...

Innovaugas 4.0 participará no evento “Tecnología e innovación en saneamiento y depuración”, en Oviedo

Iván Cacheiro, xestor de proxectos e fondos europeos en Augas de Galicia, intervirá na segunda xornada, o 7 de xuño, no bloque quinto titulado “Compra pública Innovadora”, presentando o proxecto Innovaugas 4.0. A presentación centrarase na economía circular no ciclo integral da auga e como mediante...

Augas de Galicia licita por 5,7 millóns de euros dous sistemas innovadores para a mellora da xestión dos recursos hídricos e o aumento da resiliencia ao cambio climático aproveitando novas tecnoloxías

Trátase de solucións tecnolóxicas avanzadas non existentes no mercado actual que supoñerán un avance decisivo na integración, xestión e análise de datos, así como na capacidade de Augas de Galicia para predicir eventos extremos de inundación e seca e mellorar así a toma de decisións para reducir os...