Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

Blog

Jornada I+D+i en los planes de gestión de riesgo de inundación

Innovaugas participará na Xornada I+D+i nos plans de xestión de risco de inundación, en Madrid

  • Augas de Galicia presentará o reto 2 de Innovaugas como exemplo da dixitalización na captura e tratamento avanzado de información para a xestión de eventos climatolóxicos extremos como inundacións e seca.
  • A intervención enmárcase na mesa redonda dedicada a proxectos de investigación en materia de xestión do risco de inundación, que se celebrará na Escola Nacional de Protección Civil en Madrid o 29 de marzo.

Representantes da entidade pública Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, participarán na Xornada I+D+i nos plans de xestión de risco de inundación, organizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que se celebrará o 29 de marzo en Madrid, para presentar o Reto 2 do proxecto de compra pública de innovación Innovaugas 4.0, que específicamente está orientado á xestión avanzada de eventos de seca e inundación.

Augas de Galicia presentará a un público formado por técnicos e especialistas a solución tecnolóxica proposta pola UTE formada por Viaqua, Gestión Integral de Augas de Galicia, SA e a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia, que comprende a instalación de sensores de nivel e humidade, sondas multiparamétricas e cámaras para a recollida de datos en tempo real. Estes datos procésanse nun sistema avanzado de xestión de novo deseño e non existente no mercado que alimenta o algoritmo da intelixencia artificial que permitirá aos técnicos de Augas de Galicia incrementar o tempo de predición para estes eventos, mellorar a eficiencia na resposta e na toma de decisións en tempo real, entre outras vantaxes que explicarán na Xornada. 

INNOVAUGAS 4.0

Innovaugas 4.0 é un proxecto promovido pola Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, co que se buscar alcanzar solucións novas para a xestión integrada avanzada das augas, optimizar os recursos hídricos e dar resposta a longo prazo ás demandas dos diferentes usos da auga, en equilibrio co medio natural e os ecosistemas fluviais, respectando o logro dos obxectivos ambientais establecidos para as masas de auga e atendendo aos novos escenarios determinados polo cambio climático.

O proxecto Innovaugas 4.0 conta cun orzamento elixible de 7 millóns de euros e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo Plurirexional de España (POPE) 2014-2020.

Innovaugas 4.0 foi seleccionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación no ano 2020 na Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda e da Compra Pública Innovadora, conta cunha axuda de fondos europeos de 4.200.000 euros, será cofinanciado tamén pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) con 700.000 euros e Augas de Galicia achegará 2.100.000 euros.