Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

Blog

Consello-da-Xunta

O Consello da Xunta autoriza a firma do convenio entre Augas de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación

  • O convenio de colaboración regula as condicións da axuda concedida para o proxecto Innovaugas 4.0
  • Innovaugas 4.0 recibiu 196 propostas durante a fase de Consultas Preliminares ao Mercado, aberta entre o 6 de maio e o 8 de xuño.

O Consello da Xunta de Galicia autorizou na súa sesión de hoxe a firma do convenio de colaboración entre a entidade pública Augas de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. En virtude deste convenio regúlanse as condicións da axuda concedida para o proxecto  Innovaugas 4.0 – Xestión avanzada dos recursos hídricos galegos, promovido pola entidade dependente da Consellería de  Infraestruturas e  Mobilidade da Xunta de Galicia.

Innovaugas 4.0 conta cun orzamento  elegible total de 7 millóns de euros, dos cales 4.200.000 euros serán achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Programa Operativo  Plurirregional de España ( POPE) 2014-2020; 700.000 euros serán achegados pola  Axencia  Galega de Innovación ( GAIN) e 2.100.000 euros, por Augas de Galicia.

O proxecto  Innovaugas 4.0 atópase na fase de entrevistas da Consulta Preliminar ao Mercado. Concretamente, recibíronse un total de 196 propostas na CPM que se abriu o pasado 6 de maio cunha xornada virtual de lanzamento na que participaron máis de 350 asistentes, a maioría representantes de empresas, centros tecnolóxicos e universidades de España e internacionais. É un reflexo da excelente acollida que tivo o proxecto entre os axentes interesados, tanto a nivel nacional como internacional.