Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

Innovaugas 4.0

Innovaugas 4.0 participará no evento “Tecnología e innovación en saneamiento y depuración”, en Oviedo

Iván Cacheiro, xestor de proxectos e fondos europeos en Augas de Galicia, intervirá na segunda xornada, o 7 de xuño, no bloque quinto titulado “Compra pública Innovadora”, presentando o proxecto Innovaugas 4.0. A presentación centrarase na economía circular no ciclo integral da auga e como mediante...

Augas de Galicia adxudica por 1,5 millóns de euros un sistema para optimizar o consumo enerxético e garantir a calidade da auga vertida nas EDAR

A UTE formada por Aquatec, Proyectos para el Sector del Agua, S.A.U. e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia resultou adxudicataria do servizo por un importe de 1.563.005,92 euros e un prazo de execución de 15 meses. Con este sistema preténdese o desenvolvemento dun sistema integral que...

A Xunta licita por 1,9 M€ un sistema para optimizar o consumo enerxético e garantir a calidade da auga vertida nas depuradoras

O sistema analizará datos en tempo real para facilitar a toma de decisións na xestión das depuradoras e implantará os principios da economía circular no ciclo da auga. O contrato, ao que as empresas poden presentar ofertas ata o 21 de decembro, ten un prazo de 15 meses, incluíndo as fases de deseño...

16 entidades participaron hoxe na visita técnica ás EDAR de Gondomar, Baiona e Nigrán no marco da licitación por 1,9 millóns de euros dun sistema para optimizar o consumo enerxético e garantir a calidade da auga vertida nas estacións depuradoras de augas

A xornada estivo presidida pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que subliñou que se trata de acadar unha xestión máis eficiente empregando ferramentas de intelixencia artificial. O evento celebrouse esta mañá nas instalacións das EDAR de Gondomar, Baiona e Nigrán e contou...

Innovaugas 4.0 participará no evento “A dixitalización no sector da agua” en Santiago

– A presentación de apertura do evento, “Retos e perspectivas de Galicia: Innovaugas”, correrá a cargo de Iván Cacheiro, xestor de proxectos e fondos europeos en Augas de Galicia. – O evento pecharase coa mesa de debate, “A dixitalización no sector da auga en Galicia”, na que participará Teresa...